GalegoES
Carballo EstudioCookies
Este sitio non usa cookies. Ningunha: nin propias nin de terceiros, nin técnicas nin de medición. Por iso non hai banner que aceptar — o banner existe para pedir permiso, e aquí non hai nada que pedir.
Tampouco se garda nada no teu navegador
Nin cookies, nin almacenamento local, nin nada equivalente. O sitio non ten axustes que lembrar: hai un só tema e o idioma escóllese cunha ligazón, cambiando de enderezo, non gardando unha preferencia.
Sen terceiros
Non hai analítica, nin píxeles de redes sociais, nin publicidade, nin tipografías cargadas de fóra —viaxan co sitio—, nin reCAPTCHA no formulario: utiliza un campo oculto para reducir os envíos automatizados. O único que intervén é o servidor que aloxa as páxinas, e diso fala a política de privacidade.
Se algún día cambia
Se algunha vez entra unha cookie ou unha ferramenta de medición, esta páxina cambiará antes de que entre, e as que necesiten permiso pediráncho antes de instalarse. Se ves algo que non cadra co que aquí se di, escríbenos a hola@carballoestudio.es e corriximolo.