Ir ao contido

Estudio en Vigo, Galicia

Deseño e desenvolvemento web en Vigo para facilitar novas consultas.

Creamos webs que explican con claridade que ofreces, axudan a que os teus futuros clientes atopen a información que necesitan e facilitan o contacto. Traballamos a estrutura, os textos, o deseño e o desenvolvemento como parte do mesmo encargo.

Que te atopen.Que te entendan.Que che escriban.

Unha web pensada para xerar consultas

  1. Busca
  2. Páxina que responde
  3. Consulta recibida

01

Que resolve

Tres situacións habituais en quen nos escribe.

01

Non te atopan

Alguén busca exactamente o que fas e atopa a outros. A túa web existe, pero non responde a esa busca: é unha presentación xeral.

02

Atópante e non che escriben

Chegan, non entenden en poucos segundos que fas nin por que elixirte, e vanse. Ou queren escribir e o formulario non está á vista, falla ou pide demasiado.

03

Non sabes que consultas recibes nin como chegan

Os clientes chegan por recomendación e non hai forma de saber cantas consultas xera a web nin que páxinas as traen. Sen medición, cada decisión tómase ás cegas.

02

Que facemos

O que inclúe unha web de captación. Contrátase enteira ou por partes, segundo o que che falte.

Obxectivos e contido

Definimos a quen se dirixe a web e que necesita saber unha persoa antes de contactar.

Estrutura

Organizamos os servizos e a información nas páxinas necesarias para explicar o que ofreces e responder ás principais necesidades dos teus clientes.

Os textos, escritos

Redactamos os textos a partir do que nos contes e revisámolos contigo, cos datos estruturados que axudan os buscadores a entender cada páxina.

Desenvolvemento, revisión e posta en marcha

Adaptamos a web a móbil e ordenador e revisamos a lexibilidade, a navegación co teclado e os formularios de contacto. Incorporamos os textos legais acordados e configuramos a medición de visitas e consultas. Antes da entrega, explicámosche como consultar eses datos.

03

Como traballamos

Organizamos o encargo en catro fases. Revisamos contigo os avances para resolver dúbidas e acordar os seguintes pasos.

01

Encadre

Revisamos como chegan hoxe os teus clientes e que ocorre cando alguén pregunta. De aí sae que páxinas fan falta, e ás veces que non fai falta unha web nova.

02

Estrutura e textos

Definimos as páxinas, o que di cada unha e os datos que recollen os formularios. Redactamos os textos e revisámolos contigo.

03

Deseño e desenvolvemento

Podes revisar os avances desde unha ligazón privada, nos momentos acordados.

04

Posta en marcha

Publicamos a web, comprobamos que os formularios chegan ao correo acordado e configuramos a medición. Explicámosche como consultala.

04

Cando ten sentido

Ten sentido se…

  • Non apareces cando alguén da túa cidade busca o que fas.
  • Atópante, pero non che escriben ou non entenden que fas.
  • Queres saber que consultas xera a web e que páxinas as traen.

Convén valoralo antes se…

  • Só necesitas unha páxina de presentación sen obxectivo de captar consultas: hai opcións máis sinxelas.
  • Buscas unha posición concreta en Google: non garantimos posicións, e explicámosche que si depende do traballo.
  • Xa recibes as consultas que necesitas e sabes de onde veñen: quizais non faga falta unha web nova.

Preguntas frecuentes

Que diferenza unha web de captación dunha web corporativa?

Unha web corporativa tamén pode captar clientes. Neste servizo traballamos especialmente o percorrido que leva unha persoa desde coñecer o teu negocio ata solicitar información.

Escribides vós os textos?

Si. A partir dunha conversa e do que xa teñas, redactamos os textos e revisámolos contigo. É a fase que máis inflúe no resultado.

E o posicionamento? Prometedes saír os primeiros?

Non garantimos posicións concretas. O traballo inclúe os aspectos de contido e desenvolvemento definidos no orzamento para facilitar que os buscadores comprendan a web.

E se non estou en Vigo?

Traballamos desde Vigo con negocios de toda España. As reunións e revisións poden facerse por videochamada.

Que custa e canto tarda?

O prazo orientativo é de tres a catro semanas desde que están os materiais. O orzamento defínese por escrito antes de empezar, porque cada encargo é distinto.

Que pasa despois de publicala?

Se contratas a iguala mensual, cada mes recibes un resumo do traballo realizado. Se non, a web segue funcionando e é túa.

Primeiro, unha valoración gratuíta.

Envíanos o enderezo da túa web e unha breve explicación do teu negocio. Responderémosche por correo cunha primeira valoración do que conviría mellorar.