Ir ao contido

O que facemos

Servizos para captar clientes e organizar mellor o teu negocio.

Podemos axudarche a decidir que mellorar, construír a solución e mantela despois. Cada encargo parte dunha necesidade concreta: podes contratar un servizo ou combinar varios.

Antes de contratar

Antes, e sen custo

A valoración

Non fai falta que saibas se necesitas unha web, un portal, unha ferramenta para o teu equipo ou unha automatización. Cóntanos como traballas hoxe e que che gustaría cambiar, e respondémosche por escrito cunha primeira opinión, sen custo.

  • Revísase a información pública: non entramos nos teus números nin nos teus procesos
  • Non é unha reunión: é un correo escrito por unha persoa
  • Non inclúe un plan ordenado nin a estimación de cada actuación: iso é o encadre

Pedir a valoración →

O primeiro paso

O encadre

Prezo pechado

250 € + IVE

Se despois contratas calquera cousa do catálogo, os 250 € descóntanse do primeiro encargo.

Unha sesión de traballo para revisar o teu negocio e concretar que necesitas. Despois recibes un documento coas prioridades, as actuacións propostas e a estimación económica de cada unha. Se de aquí sae que non hai que construír nada, tamén cho dicimos.

Que levas

  • Unha sesión de traballo sobre o teu negocio
  • O percorrido dun cliente teu, desde que te atopa ata que contrata
  • Un plan por escrito: que mellorar, por onde empezar e que deixar como está
  • A estimación económica de cada actuación, para que decidas

Que non inclúe

  • Non se constrúe nada: nin web, nin software, nin textos definitivos
  • Non se toca o que xa tes en marcha
  • Non obriga a contratar nada máis: o plan é teu aínda que non sigas

Empezar polo encadre

Antes de construír

Antes de crear unha web ou unha ferramenta, convén saber que fai falta e que non. Estes dous servizos serven para decidilo.
  • Analizamos como chegan os teus clientes e que ocorre desde a primeira consulta ata a contratación. Entregámosche un plan de melloras con prioridades.

    Para quen: Un negocio que xa funciona, pero non sabe por onde chega cada cliente nin en que momento se perden oportunidades.

    Prazo: Segundo alcance

    Prezo: Orzamento segundo o encargo

    Proxectos: ACV 21

    Ver este servizo →

    Que levas e que convén valorar antes3 entregables

    Que levas
    • Unha análise das canles polas que chegan os teus clientes
    • En que momento se perden oportunidades, e por que
    • Un plan de actuacións ordenadas por prioridade
    Que convén valorar antes de contratar

    Se buscas que alguén che leve as redes sociais ou che poña anuncios. Este servizo vai antes: serve para decidir se fan falta.

  • 02

    Optimización de procesos

    Contrátase soa

    Revisamos como se organiza o traballo na túa empresa para detectar tarefas repetidas, información dispersa e pasos que fan perder tempo. Propoñemos melloras e valoramos que convén automatizar.

    Para quen: Quen dedica demasiado tempo a tarefas administrativas repetitivas, ou probou a resolvelo cun programa e segue igual.

    Prazo: Segundo alcance

    Prezo: Orzamento segundo o encargo

    Proxectos: ESECE · 202 Entrenamiento Personal

    Ver este servizo →

    Que levas e que convén valorar antes3 entregables

    Que levas
    • Unha descrición do proceso actual, paso a paso
    • Que tarefas se poden simplificar, unir ou automatizar
    • A orde na que convén facer os cambios
    Que convén valorar antes de contratar

    Se xa tes a solución decidida e só necesitas que alguén a implante. Aquí empézase por revisar o proceso, non pola ferramenta.

Deseño e desenvolvemento

Creamos webs, ferramentas de xestión e portais de clientes segundo as necesidades de cada negocio. Poden desenvolverse por separado ou dentro dun mesmo encargo.
  • 03

    Web de captación

    Contrátase soa

    Deseñamos e desenvolvemos a túa web para explicar ben os teus servizos e facilitar que os posibles clientes contacten contigo. Ocupámonos da estrutura, os textos, o deseño e os formularios, e configuramos a medición acordada para coñecer as visitas e consultas que recibe.

    Para quen: Un negocio que non atopan cando alguén busca o que fai, ou que atopan e non lle chegan consultas.

    Prazo: 3-4 semanas desde que estean os materiais

    Prezo: Orzamento segundo o encargo

    Proxectos: ESECE · 202 Entrenamiento Personal · Prigalmar

    Ver este servizo →

    Que levas e que convén valorar antes5 entregables

    Que levas
    • Estrutura e páxinas adaptadas aos servizos do negocio
    • Redacción de contidos e deseño para móbil e ordenador
    • Formularios de contacto comprobados antes de publicar
    • Configuración da medición de visitas e consultas, explicada para que a consultes
    • Textos legais, co alcance que se concrete na proposta
    Que convén valorar antes de contratar

    Se só necesitas unha páxina de presentación sen obxectivo de captar consultas: hai opcións máis sinxelas e dirémoscho.

  • Creamos ferramentas para organizar clientes, tarefas, reservas ou cobros segundo a forma de traballar da túa empresa, coas funcións e os permisos que necesite cada persoa do equipo.

    Para quen: Quen xestiona o negocio entre follas de cálculo e anotacións, ou usa un programa xenérico que non se adapta á súa forma de traballar.

    Prazo: Segundo alcance

    Prezo: Orzamento segundo o encargo

    Proxectos: ACV 21 · ESECE · 202 Entrenamiento Personal

    Ver este servizo →

    Que levas e que convén valorar antes3 entregables

    Que levas
    • Unha ferramenta coas funcións que necesita o teu negocio, sen pantallas de máis
    • Instalable como aplicación no móbil e no ordenador
    • Os teus datos na túa propia conta, exportables cando os necesites
    Que convén valorar antes de contratar

    Se un programa existente cobre ben os teus procesos: dirémoscho no encadre, porque adoita ser máis económico ca desenvolvelo.

  • 05

    Portal de clientes

    Contrátase soa

    Unha área privada onde os teus clientes consultan documentos, intercambian mensaxes e seguen o estado das súas xestións, segundo as funcións acordadas.

    Para quen: Despachos e oficinas que reciben moitas consultas sobre o estado das xestións e reenvían documentación a miúdo.

    Prazo: Segundo alcance

    Prezo: Orzamento segundo o encargo

    Proxectos: ESECE

    Ver este servizo →

    Que levas e que convén valorar antes3 entregables

    Que levas
    • Un acceso propio por cliente, con permisos
    • Documentos, mensaxes e seguimento de cada xestión
    • Accesos individuais e rexistro de actividade, segundo o deseño do encargo
    Que convén valorar antes de contratar

    Se os teus clientes non manteñen unha relación continuada contigo: un portal achega valor cando hai xestións e documentos que compartir no tempo.

Mantemento e melloras

Damos continuidade ao encargo co mantemento e os cambios que necesite o teu negocio. Acordamos o alcance do servizo e cada mes recibes un resumo do traballo realizado e das tarefas pendentes.
  • Mantemento e melloras da túa web ou ferramenta, cun alcance acordado e un resumo mensual do traballo realizado.

    Para quen: Quen xa ten unha web ou unha ferramenta en funcionamento e quere mantela ao día sen buscar a alguén cada vez que necesita un cambio.

    Necesita: Unha web ou unha ferramenta xa en funcionamento.

    Prezo: Orzamento segundo o encargo

    Ver este servizo →

    Que levas e que convén valorar antes3 entregables

    Que levas
    • Mantemento e cambios, co alcance acordado
    • Un resumo mensual: traballo realizado, tempo dedicado e asuntos pendentes
    • Contacto directo con quen coñece o encargo
    Que convén valorar antes de contratar

    Se non prevés cambios nin necesitas revisión técnica periódica. Depende da ferramenta e do que necesite para manterse; valorámolo contigo antes.

O alcance, por escrito.

Definimos o alcance, os prazos e o prezo por escrito antes de empezar. Cóntanos que necesitas e valoraremos como abordalo.