GalegoES
Carballo EstudioEstudio en Vigo, Galicia
O que se repite faino o sistema.
Un prazo que se calcula só, un recordatorio que sae cando toca, unha papeleira que se baleira aos trinta días. A automatización non é un reclamo: é quitar do medio o que se fai igual todas as veces, e conectar as pezas para que ninguén volva teclear o mesmo dato.
O que se repite,faino o sistema.O que decide, decídelo ti.
Só sobre un proceso ordenado
01
Que resolve
01
Lembrarse de lembrarse
Renovacións, vencementos e recordatorios que dependen da memoria de alguén. O día que esa persoa non está, non saen.
02
O mesmo dato, tres veces
Escríbese nun formulario, cópiase a unha folla e vólvese teclear no programa. Tres oportunidades de equivocarse.
03
Cada peza pola súa conta
A web, o correo e o xestor non se falan, e o oco entre eles rechéao unha persoa a man.
02
Que facemos
Automatismos
Recordatorios por correo que saen cando unha tarefa os pide, invitacións ao equipo, prazos administrativos que se calculan sós.
Integracións
Formularios que chegan ao correo acordado, altas que crean a conta, ferramentas conectadas sobre os mesmos datos.
Comprobacións
Probas automáticas que percorren o construído e avisan se algo falla. Esta mesma web revísase así antes de publicar.
O que non se automatiza
O que cambia cada vez, o que decide unha persoa e o que aínda non está ordenado. Primeiro ordénase.
03
Como traballamos
01
Encadre
Que se repite igual todas as veces, e que non. Só o primeiro se automatiza.
02
O proceso, ordenado
Automatizar un lío só dá un lío máis rápido: antes recórtase o que sobra.
03
Desenvolvemento
Cada automatismo próbase antes de dalo por bo.
04
Posta en marcha
Cun rexistro do que fixo o sistema e cando, para que se poida revisar.
04
Cando ten sentido
Ten sentido se…
- Hai tarefas que se fan igual todas as veces e dependen de que alguén se lembre.
- O mesmo dato escríbese en dous ou tres sitios.
- Xa tes un sistema, ou estalo construíndo, e fáltanlle as conexións.
Convén valoralo antes se…
- O proceso de debaixo cambia cada vez: non hai nada que repetir, e automatizalo sería inventar unha regra.
- Buscas «intelixencia artificial» como reclamo: só se usa cando achega algo concreto.
- O proceso non está ordenado: primeiro a optimización de procesos, despois isto.
Proxectos relacionados
Asesoría fiscal, laboral e xurídica
ESECE
Prazos administrativos que se calculan sós, notificacións e unha papeleira de trinta días que se baleira soa. E unha proba automática que percorre o circuíto entre o despacho e un cliente.
Ver o proxecto
Seguros · axente exclusivo de SegurCaixa Adeslas
ACV 21
O aviso á oficina de cada solicitude da web e as invitacións ao equipo saen por correo sen que ninguén os escriba.
Ver o proxecto
O estudio
Esta mesma web
Dezasete comprobadores automáticos revisan o sitio antes de cada publicación.
Velo
Preguntas frecuentes
Automatizades con intelixencia artificial?
Cando achega algo concreto. O que se repite igual todas as veces non necesita intelixencia artificial: necesita un sistema que o faga e un rexistro de que o fixo.
Pódese contratar soa?
Si, se xa tes un sistema ao que conectar. Se non o hai, vai dentro do software á medida, que é onde adoita ir.
Como sei que fixo o sistema?
Queda rexistrado: que fixo e cando. Un automatismo que non se pode revisar non é unha axuda, é unha caixa negra.
Canto custa?
Depende do que haxa que conectar; o orzamento entrégase por escrito. Adoita ir dentro dun encargo de software á medida, e pódese pedir por separado se xa hai un sistema.
Primeiro, unha valoración gratuíta.
Envíanos o enderezo da túa web e unha breve explicación do teu negocio. Responderémosche por correo cunha primeira valoración do que conviría mellorar.