Ir ao contido

Estudio en Vigo, Galicia

Mantemento e melloras para a túa web ou ferramenta de xestión.

Acordamos o traballo necesario para manter o encargo e adaptalo aos cambios do teu negocio. Cada mes recibes un resumo das actuacións realizadas, o tempo dedicado e os asuntos pendentes.

Traballo realizado.Tempo dedicado.Asuntos pendentes.

Un resumo mensual, por escrito

  1. Pides un cambio
  2. Faise e anótase
  3. Recibes o resumo

01

Que resolve

Tres situacións habituais despois da entrega.

01

O negocio cambia e a web non

Prezos novos, unha páxina que falta, un certificado que caduca. O que onte estaba ben hoxe xa non é exacto.

02

Cada cambio é buscar a alguén

E explicalo de novo desde o principio a quen non construíu o que hai.

03

Non sabes que se fixo nin canto levou

Págase un mantemento sen ver o traballo. Cun resumo mensual por escrito, si se ve.

02

Que facemos

O que cobre a iguala, co alcance que se acorde en cada caso.

Mantemento acordado

Que siga funcionando: certificados, actualizacións, o que caduca e o que cambia por fóra.

Cambios solicitados

Os cambios que pidas, atendidos por quen coñece o encargo porque o fixo.

Melloras aprobadas

As melloras que che propoñamos fanse só se as aprobas.

Resumo mensual

Traballo realizado, tempo dedicado e asuntos pendentes co seu motivo. Podes ver un exemplo do formato.

03

Como traballamos

Como funciona, mes a mes.

01

Algo en funcionamento

A iguala aplícase a unha web, unha ferramenta ou un portal xa en funcionamento.

02

Un alcance por escrito

Que cobre e que non, por escrito antes de empezar.

03

Cada mes

Mantemento, os cambios que pidas e as melloras que propoñamos, se as aprobas.

04

O resumo

Por escrito, co traballo realizado, o tempo dedicado e o previsto para o mes seguinte.

04

Cando ten sentido

Ten sentido se…

  • Xa tes unha web ou unha ferramenta en funcionamento e queres mantela ao día.
  • Non queres buscar a alguén cada vez que necesitas un cambio.
  • Queres ver por escrito que se fixo cada mes e canto levou.

Convén valoralo antes se…

  • Non prevés cambios nin revisións periódicas: depende da ferramenta e do que necesite para manterse, e valorámolo contigo.
  • Necesitas atención as vinte e catro horas: os horarios e tempos de resposta acórdanse no alcance.
  • Cres que sen iguala perdes o entregado: non. Segue funcionando e é teu, con ou sen mantemento.

Preguntas frecuentes

Que inclúe e que non desconta?

Inclúe o mantemento acordado, os cambios que pidas e as melloras que che propoñamos, que se fan só se as aprobas. As incidencias causadas polo noso traballo non descontan horas.

E se non a contrato?

O entregado segue funcionando e é teu. A iguala engade mantemento e melloras cun alcance acordado; non é unha condición para conservar o construído.

Podo ver como é o resumo mensual?

Si. Podes consultar un exemplo do resumo mensual para ver como se documenta o traballo. Aínda non publicamos un caso de mantemento con nome.

Necesito iguala se a miña web non cambia?

Depende da ferramenta e do que necesite para manterse. A revisión técnica e os cambios de contido son traballos distintos; o orzamento indicará cales están incluídos.

Canto custa?

Depende do que haxa que manter e da frecuencia dos cambios. O orzamento indica que está incluído, por escrito antes de empezar.

Primeiro, unha valoración gratuíta.

Envíanos o enderezo da túa web e unha breve explicación do teu negocio. Responderémosche por correo cunha primeira valoración do que conviría mellorar.