GalegoES
Carballo EstudioEstudio en Vigo, Galicia
Entende como chegan os teus clientes e onde perdes oportunidades.
Revisamos como te coñecen, que ocorre cando piden información e como se realiza o seguimento ata a contratación. Con esa información elaboramos un plan para mellorar o proceso comercial.
Como te coñecen.Onde se perden.Que mellorar primeiro.
Un plan de actuacións por escrito
01
Que resolve
01
Chegan clientes e non sabes por onde
Por recomendación, pola web, por alguén que pasou por diante. Sen sabelo, cada decisión sobre captación tómase ás cegas.
02
Pérdense oportunidades polo camiño
Preguntan e non pechan, e ninguén sabe en que punto se perderon: se na primeira chamada, no orzamento ou na espera.
03
Vas construír algo e non sabes se fai falta
Unha web nova, un programa, unha campaña. Antes de investir, convén saber se o problema está aí ou en como se atenden as consultas.
02
Que facemos
Orixe das consultas
Identificamos as canles polas que chegan os teus posibles clientes a partir da información dispoñible: axenda, correo, chamadas.
Seguimento comercial
Revisamos a resposta inicial, os orzamentos e o seguimento para detectar onde se perden oportunidades.
Prioridades
Propoñemos que mellorar primeiro e que investimento require cada actuación, por escrito.
Seguinte paso
Valoramos se necesitas cambios organizativos, novas ferramentas ou ambas as cousas. Se con reorganizar como atendes é suficiente, dise.
03
Como traballamos
01
Encadre
Unha sesión de traballo cos teus datos e o teu día a día, e acceso ao que xa teñas.
02
O percorrido
Reconstruímos como chega un cliente, que pasa cando pregunta e en que punto se perden os que non pechan.
03
O plan
Que mellorar, por onde empezar e por que, co investimento estimado de cada actuación.
04
A decisión
Se fai falta construír algo, sae de aquí co seu orzamento. Se non, o encargo remata co plan.
04
Cando ten sentido
Ten sentido se…
- O teu negocio xa funciona e non sabes por onde chega cada cliente.
- Sospeitas que se perden oportunidades e non sabes en que momento.
- Vas investir en web ou en software e queres saber antes se fai falta.
Convén valoralo antes se…
- Buscas que alguén xestione as túas redes sociais ou os teus anuncios: este servizo vai antes e serve para decidir se fan falta.
- Xa tes a solución decidida e só necesitas que alguén a execute.
- Coñeces ben as túas canles e o teu proceso comercial funciona: nese caso a análise será breve, e dirémoscho.
Proxectos relacionados
Preguntas frecuentes
Necesito ter unha web?
Non. Podemos revisar como recibes e atendes consultas aínda que non teñas web nin ferramentas de xestión.
É a porta obrigada para contratar unha web?
Non. É un traballo completo e contrátase só. Se da análise sae que abonda con reorganizar como atendes as consultas, o encargo remata aí.
Que recibo?
Unha análise do proceso comercial e un plan de actuacións ordenadas por prioridade, co alcance acordado no orzamento.
Canto tarda e canto custa?
Depende do alcance; o orzamento entrégase por escrito antes de empezar. O encadre, que é o primeiro paso, ten prezo pechado e descóntase do primeiro encargo se despois contratas algo.
Primeiro, unha valoración gratuíta.
Envíanos o enderezo da túa web e unha breve explicación do teu negocio. Responderémosche por correo cunha primeira valoración do que conviría mellorar.