Ir ao contido

Estudio en Vigo, Galicia

Un portal para compartir documentos e seguir as xestións dos teus clientes.

Creamos unha área privada onde cada cliente pode consultar a súa documentación, intercambiar mensaxes e revisar o estado das súas xestións. O despacho organiza a información e controla os accesos segundo as funcións acordadas.

Os seus documentos.As súas mensaxes.Os seus prazos.

Cada cliente accede só á súa información

  1. O cliente entra
  2. Consulta as súas xestións
  3. O despacho responde

01

Que resolve

Tres situacións habituais nos despachos que nos escriben.

01

Moitas consultas sobre o estado das xestións

Chamadas e correos para preguntar como vai un trámite, e documentos que se reenvían unha e outra vez.

02

O cliente non sabe en que punto está

Non ten onde consultar o estado das súas xestións, así que pregunta. Non é impaciencia: é falta de información.

03

Ninguén sabe quen fixo cada cousa

O equipo traballa sobre carpetas compartidas e correos, sen permisos por cliente nin rexistro de quen fixo cada cousa.

02

Que facemos

O que pode incluír un portal de clientes. As funcións defínense en cada encargo.

Documentación organizada

Arquivos accesibles para o cliente e as persoas autorizadas do despacho, con permisos e versións.

Comunicación

Mensaxes asociadas a cada cliente ou xestión, segundo o deseño do encargo, no canto de repartidas por varios correos.

Seguimento

Información sobre estados, prazos e accións pendentes: calendario, vencementos e facturación onde o cliente os busca.

Accesos e actividade

Accesos individuais, permisos por cliente e rexistro das accións que se definise rexistrar.

03

Como traballamos

Organizamos o encargo en catro fases, co despacho participando desde a primeira.

01

Encadre

Revisamos que consultan hoxe os clientes, que documentos se intercambian e quen responde no despacho.

02

Estrutura

Que ve cada cliente, que pode facer e quen do despacho atende cada cousa.

03

Deseño e desenvolvemento

Podes revisar os avances desde unha ligazón privada. As funcións principais compróbanse con probas automáticas antes da entrega.

04

Posta en marcha

Cos primeiros clientes, a formación do equipo e os accesos configurados.

04

Cando ten sentido

Ten sentido se…

  • Mantés unha relación continuada cos teus clientes.
  • Recibes moitas consultas sobre o estado das xestións e reenvías documentación a miúdo.
  • Queres que quede rexistrado quen accede a cada documento.

Convén valoralo antes se…

  • Os teus clientes non volven despois dunha xestión: o portal achega valor cando hai relación continuada.
  • Unha plataforma existente adáptase ben aos teus procesos: comparámolo no encadre, e ás veces é a mellor opción.
  • Ninguén no despacho vai atender o portal: organiza a relación co cliente, non a substitúe.

Preguntas frecuentes

En que se diferencia dunha plataforma de subscrición?

Unha plataforma existente pode ser suficiente se se adapta aos teus procesos. Un portal á medida permite definir funcións e integracións específicas. Para decidir, hai que comparar o investimento inicial, os custos recorrentes e as necesidades de mantemento.

Hai un portal en funcionamento?

Si. A área de clientes de ESECE está entregada, con documentos, mensaxes, calendario, vencementos, subvencións, facturación, papeleira e rexistro de actividade. Unha proba automática percorre o circuíto entre o despacho e un cliente: o cliente pide acceso, o despacho apróbao e súbelle un documento, escríbense nos dous sentidos, e o documento bórrase e restáurase desde a papeleira.

Que necesita o despacho para usalo?

Unha persoa que atenda as consultas e manteña a información ao día. O portal organiza a relación co cliente; non a substitúe.

Canto tarda e canto custa?

Depende do alcance; o orzamento entrégase por escrito antes de empezar e inclúe os custos de aloxamento e servizos externos que apliquen. Un portal adoita ir coa ferramenta de xestión do equipo, porque os dous traballan sobre os mesmos datos.

Primeiro, unha valoración gratuíta.

Envíanos o enderezo da túa web e unha breve explicación do teu negocio. Responderémosche por correo cunha primeira valoración do que conviría mellorar.