GalegoES
Carballo EstudioProxecto 01 · Asesoría fiscal, laboral e xurídica
ESECE
Un encargo que reúne a web da asesoría, unha área privada para os seus clientes e unha ferramenta interna para organizar o traballo do equipo.
- Encargo
- Web pública, ESECE Express, área de clientes e xestor de equipo
- Localización
- Vigo
- Estado
- Entregado
Catro pezas, unha asesoría
Captar
Web pública
Presenta os servizos da asesoría e facilita a solicitude de información.
Contratar
ESECE Express
Servizos con prezo pechado que se contratan de principio a fin por internet.
Atender
Área de clientes
Reúne documentación, mensaxes e seguimento de xestións nunha área privada con permisos de acceso.
Traballar
Xestor de equipo
Organiza as tarefas e coordina o equipo.
Web, Express, área de clientes e xestor
O construído, en imaxes





















01
O punto de partida
01
Captar e explicar mellor
Que quen busca unha asesoría, ou canto vai pagar como autónomo, atope a ESECE, entenda que fai e poida pedir unha consulta desde a web.
02
Mellorar a relación co cliente
Que o cliente poida consultar os seus documentos, as súas mensaxes co despacho, os seus prazos e as súas facturas sen ter que chamar.
03
Ordenar a operativa interna
Que o equipo, unhas vinte persoas en tres departamentos, traballe sobre unha ferramenta con permisos e rexistro no canto de sobre o correo.
02
A decisión
Catro pezas con funcións distintas: a web presenta e capta, ESECE Express permite contratar servizos concretos por internet, a área atende o cliente e o xestor organiza o traballo interno.
03
O que construímos
Captar
Web pública
Presenta os servizos da asesoría e facilita a solicitude de información.
- Cento nove páxinas: nove de servizo, dezaseis artigos de blog propios, un catálogo de subvencións cunha páxina por convocatoria e quince fichas de ESECE Express.
- Trinta e sete tipos de datos estruturados para que os buscadores entendan cada páxina.
- Consulta web gratuíta, para quen prefire escribir antes que chamar.
- Catro calculadoras públicas —cota de autónomo, diñeiro dispoñible, ITP en Galicia, papeis da renda— que responden a consultas frecuentes e facilitan o contacto.
Contratar
ESECE Express
Servizos con prezo pechado que se contratan de principio a fin por internet.
- Un catálogo de quince servizos fiscais, laborais e xurídicos, cada un coa súa ficha: que inclúe e que non, a documentación, o prazo e o prezo pechado.
- A solicitude faise desde a web e non obriga a nada. O despacho revísaa no portal e, se encaixa, envía a folla de encargo.
- O cliente acepta a folla na web cun código que recibe por correo, e a aceptación queda rexistrada nunha acta.
- Paga por transferencia, sobe o xustificante e, comprobado o cobro, segue o seu encargo no portal: documentos, borradores para aprobar, entrega e mensaxes.
Atender
Área de clientes
Reúne documentación, mensaxes e seguimento de xestións nunha área privada con permisos de acceso.
- Documentos con permisos e versións, e unha papeleira de trinta días que se baleira soa.
- Mensaxes co asesor, avisos e comunicacións do despacho.
- Calendario e vencementos, facturación e subvencións, cada cousa no seu sitio.
- Edición de documentos de Office desde o navegador.
- Rexistro de actividade e permisos por cliente: cada cliente accede só á súa información.
Traballar
Xestor de equipo
Organiza as tarefas e coordina o equipo.
- Aplicación interna á medida para unhas vinte persoas, instalable no escritorio e no móbil.
- O meu día, mensaxes, tarefas e calendario: o traballo de cada día.
- Laboral e fiscal, cada un co seu apartado e co que xestiona; as subvencións, desde administración.
- Administración: panel, clientes, subvencións, usuarios, trazabilidade, monitorización e seguridade.
- Permisos e visibilidade por rol e por departamento, e un buscador global con notificacións.
04
Resultado e estado
01
O cliente consulta as súas xestións sen chamar
Documentos, mensaxes, prazos, facturas e subvencións, na súa área privada. Cada consulta resolta aí é unha chamada menos para o despacho.
02
O equipo traballa sobre a mesma ferramenta
Permisos, rexistro e un sitio para cada cousa, no canto do correo e a memoria.
03
Sen licenzas por usuario
O despacho non paga unha licenza de software por cada usuario e o sistema adáptase á súa forma de traballar. Os datos están na súa propia conta; a infraestrutura e os servizos externos contrátanse á parte.
04
Con probas automáticas
Unha proba automática percorre o circuíto entre o despacho e un cliente: o cliente pide acceso, o despacho apróbao e súbelle un documento, escríbense nos dous sentidos, e o documento vai á papeleira e volve. As probas axudan a detectar incidencias nos percorridos comprobados.
Como se conectan
Captar
Web pública
Quen busca, atopa: información, calculadoras, o catálogo de subvencións e a solicitude de consulta.
Contratar
ESECE Express
Do catálogo á folla de encargo aceptada e pagada, sen pasar pola oficina.
Atender
Área de clientes
Centraliza a relación: documentos, mensaxes, prazos e facturas nun sitio.
Traballar
Xestor de equipo
Organiza as tarefas e coordina o equipo, con permisos e rexistro.
Automatización, entre as capas
O que se repite faino o sistema: cálculo e seguimento de prazos, avisos e notificacións, unha papeleira que se baleira aos trinta días.
A web trae a oportunidade.O portal mantén a relación.O xestor fai posible atendela.
A ferramenta máis diferencial
O xestor de equipo
Os módulos
- 01O meu día / ao volver
- 02Mensaxes
- 03Tarefas
- 04Calendario
- 05Buscador global e notificacións
06
Laboral
Empresas, traballadores, autónomos, centros de traballo, autorizacións RED, partes FIE, inspeccións, conciliacións e xuízos (SMAC e xulgado), mutuas e control mensual de nóminas.
07
Fiscal
Requirimentos da AEAT e embargos de créditos.
08
Subvencións
Identificación de clientes que poden optar a axudas (por CNAE ou epígrafe do IAE), expedientes con importes solicitados e concedidos, control da documentación de solicitude e de xustificación, e cálculo e seguimento de prazos.
09
Administración
Panel, clientes, subvencións, usuarios, trazabilidade, monitorización e seguridade.
Unha base común
- Instalable como aplicación no escritorio e no móbil.
- Permisos e visibilidade por rol e por departamento.
Datos de uso
20
usuarios activos
3
departamentos coordinados
Máis de12.000
rexistros xestionados
Máis de20
convocatorias de axudas en seguimento
0
licenzas de software por usuario
Proxectos relacionados
Seguros · axente exclusivo de SegurCaixa Adeslas
ACV 21
Web de seguros con contidos por produto, formulario que pide primeiro os datos básicos e panel para a oficina.
Ver o proxecto
Adestramento persoal e grupos reducidos · Vigo
202 Entrenamiento Personal
Web, panel do centro e aplicación de adestramento para un centro de adestramento persoal en Vigo.
Ver o proxecto
Servizo 05
Portal de clientes
O servizo que este traballo demostra: unha área privada onde o cliente consulta documentos e xestións.
Ver este servizo
O teu negocio necesita algo así?
Antes de construír nada revisamos como chegan os teus clientes e en que se vai o tempo de traballo. Cóntanos que tes hoxe e dirémosche que conviría mellorar, e que non.
