GalegoES
Carballo EstudioPrivacidade
Resumo: este sitio non utiliza analítica nin publicidade. Os datos persoais que tratamos son os que envías a través do formulario de contacto; o servidor que aloxa o sitio rexistra ademais datos técnicos das peticións, como se explica máis abaixo.
Responsable do tratamento
- Responsable
- JCA Asesores & Consultores, S.L. · NIF B16490781
- Domicilio
- Calle Joaquín Lóriga 19, 2.º C · 36203 Vigo (Pontevedra), España
- Correo para exercer os teus dereitos
- hola@carballoestudio.es
Non hai delegado de protección de datos: a sociedade non está en ningún dos supostos que o esixen. Escribindo a ese correo contesta a mesma persoa que leva o estudio.
Que datos se recollen e para que
Os do formulario de contacto: o teu nome, o teu correo, o enderezo da túa web se o indicas e o que escribas na mensaxe. Non pedimos empresa, teléfono nin cargo. Úsanse cun único fin: ler o que contas, contestarche e, se de aí sae un encargo, preparar o orzamento.
Non hai perfilado, non hai decisións automatizadas, non se cruzan con ningunha outra fonte e non entras en ningunha lista de correo: non a hai.
Base xurídica do tratamento
O teu consentimento, que dás marcando a casiña antes de enviar (artigo 6.1.a do RXPD), e as xestións previas a un contrato que ti mesmo pides ao escribir (artigo 6.1.b). Se acabamos traballando xuntos, a base pasa a ser a execución dese contrato e as obrigas fiscais e mercantís que o acompañan.
Prazos de conservación
Se a conversa non chega a ningures, a mensaxe bórrase ao ano. Se hai encargo, os datos consérvanse mentres dure a relación e despois o tempo que obriga a lei: seis anos os mercantís (artigo 30 do Código de Comercio) e catro os fiscais.
O cuestionario de cinco preguntas
As respostas do cuestionario calcúlanse no teu navegador e non se envían a ningún servidor. O resultado móstrase na propia páxina e non se almacena.
Provedores que interveñen no tratamento
Un só: Netlify, que aloxa o sitio e recolle os envíos do formulario antes de facérnolos chegar. Coma calquera servidor, rexistra tamén as peticións para funcionar e defenderse de ataques. É Netlify, Inc., con servidores nos Estados Unidos, así que hai transferencia internacional de datos: ampárase nas cláusulas contractuais tipo da Comisión Europea e no marco de adecuación entre a UE e os EUA. Podes ler as súas condicións en netlify.com/privacy.
Non hai analítica, publicidade, redes sociais incrustadas nin tipografías cargadas de terceiros. O formulario utiliza un campo oculto para reducir os envíos automatizados; non instala nada no teu equipo.
Os teus dereitos
Podes pedir acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade, e retirar o consentimento cando queiras —sen que iso afecte ao feito antes— escribindo a hola@carballoestudio.es. Contéstase no prazo dun mes que marca o RXPD. Se cres que non te atendemos ben, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos ( aepd.es).