Produto propio
Landra: produto propio de Carballo Estudio
As túas contas, ao día.

Un panel de xestión para empresas e autónomos: orzamentos, facturas e cobros, gastos, banco, impostos cos seus borradores, documentos, tarefas e calendario nun só sitio. Non é un ERP nin unha contabilidade oficial: é o cadro de mando do día a día, e deixa preparado o que se presenta a Facenda.
- Para quen
- Empresas e autónomos que queren levar as súas contas ao día sen montar un ERP. Distingue os dous casos: á sociedade estímalle o Imposto sobre Sociedades e ao autónomo, a retención das súas facturas e o modelo 130.
- Que resolve
- Saber, ao abrilo, canto diñeiro queda de verdade dispoñible: o que hai no banco menos o IVE pendente, o imposto estimado e as retencións por ingresar. Non confundir o que se factura co que se cobra. E chegar ao trimestre cos borradores e os libros feitos.
- Quen o fai
- Carballo Estudio. Definímolo, deseñámolo, programámolo e puxémolo en produción, e mantémolo. Naceu como a ferramenta coa que a sociedade que hai detrás do estudio leva as súas propias contas.
- Estado
- En produción. Úsano a sociedade do estudio e outros usuarios, polo de agora sen custo; éntrase por invitación. A idea é ofrecerllo a quen o necesite.












Que permite facer
- Facturas e cobrosSeries correlativas, IVE por liña e, no que vai sen IVE, o motivo co seu artigo. Retencións, rectificativas, igualas que se repiten soas, envío por correo e recordatorios de cobro. Emitir non é cobrar: a factura dáse por cobrada cando entra o diñeiro.
- Orzamentos e proformasCunha ligazón que o cliente abre sen conta para aceptalo co seu nome ou rexeitalo; ao aceptalo, Landra crea a tarefa de facturalo. Factúrase enteiro ou por anticipos, e queda á vista o que falta.
- Noutras moedasFacturas en dólares, libras ou a moeda que faga falta, ao cambio do BCE da súa data. O IVE e os impostos cóntanse en euros, e cada cobro garda os euros que entraron de verdade.
- O banco, conciliadoO extracto de calquera banco español en Norma 43, ou en Excel, CSV ou OFX, sen duplicados. Landra propón con que factura, gasto, remesa ou imposto casa cada movemento. Revolut Business pódese conectar só en lectura.
- Domiciliacións SEPAOrdes de domiciliación co modelo da AEB para que as asine o cliente, remesas de recibos no ficheiro que pide o banco e devolucións, a man ou co ficheiro do banco. Enviar non é cobrar: cóbrase ao conciliar o abono.
- Gastos e provedoresCoa factura ou a foto do tíquet, o IVE deducible, as retencións, a inversión do suxeito pasivo e o aviso do xustificante que falta. Cada gasto vincúlase automaticamente co seu provedor.
- Os impostos, á vistaO IVE de cada trimestre, o Imposto sobre Sociedades ou o 130 do autónomo e as retencións do 111 e o 115, co seu prazo. É unha estimación interna para saber canto apartar, e dio na pantalla.
- Facenda, preparadaBorradores do 303, o 130, o 111 e o 115 coas súas casas e o ficheiro para a AEAT, e os libros rexistro de IVE e IRPF: Landra non presenta nada, déixao listo. E está adaptada a VERI*FACTU: o rexistro encadeado que pide a súa orde e o envío a Facenda, sen activar mentres sigan cambiando as datas da obriga.
- Facturae, para a administraciónPara facturar a un concello ou a un ministerio: o ficheiro en Facturae 3.2.2 cos códigos DIR3 do cliente, listo para asinalo en AutoFirma e subilo a FACe. Landra apunta cando se presentou e con que rexistro.
- InformesA conta de resultados mes a mes, a facturación, os clientes, os gastos por categoría, a tesouraría e o modelo 347, exportables.
- Documentos, tarefas e calendarioDocumentos en cartafoles e unidos ao seu cliente, factura ou gasto; tarefas en columnas; citas con hora que se poden ver no calendario do teléfono.
- Os teus datos e o teu equipoClientes, facturas e gastos tráense doutro programa cun Excel ou un CSV, e pódese descargar unha copia dos teus datos. Cada empresa invita ao seu equipo e ve só os seus datos; quen administra Landra non os ve. Instálase coma unha app e éntrase con Face ID ou coa pegada.
De onde sae
Landra
Dunha ferramenta propia a un produto.
Landra empezou como o panel co que a sociedade que hai detrás do estudio leva as súas contas: facturar, ver que se cobrou, conciliar o banco e saber canto apartar para impostos.
Cando funcionou para nós, convertémolo en produto: varias empresas, cada unha cos seus datos; invitacións; autónomos ademais de sociedades; instalable coma unha app. Despois chegaron os orzamentos, as domiciliacións, as outras moedas, a factura electrónica para a administración e os borradores para Facenda.
É o mesmo que facemos para os nosos clientes, feito para nós: detectar unha necesidade, definir o produto, deseñalo, programalo, poñelo en produción e seguir mellorándoo con usuarios reais.

Por dentro
Interface real, con datos de mostra
O que se ve ao usalo.

Facer unha facturaAo escribir o concepto saen os produtos e servizos gardados, co seu prezo e o seu IVE. Datas, prazo, moeda e o número que terá ao emitila. Unha vez emitida, non se toca. 
A factura, en PDFXéraa a propia aplicación ao emitila, cos datos da empresa e a conta para pagar. Esta é o anticipo do 40 % dun orzamento aceptado. 
Noutra moedaUnha factura en dólares a un cliente de fóra, cos seus euros ao cambio do BCE. Os conceptos din por que non levan IVE, e o cobro apunta os euros que entren de verdade. 
Conciliar un movementoAo abrir un movemento do banco, Landra propón con que factura casa e con canta confianza. Concíliase e a factura queda cobrada. 
Unha remesa de recibosOs recibos, cada un coa orde asinada do cliente, no ficheiro SEPA que se sobe ao banco. O abono da remesa concíliase dunha vez e, se o banco devolve un recibo, a factura volve deber. 
GastosCada gasto co seu provedor, a súa categoría, o seu IVE deducible, se está pagado e conciliado, e se lle falta o xustificante. 
O borrador do 303As casas do modelo co rexistrado en Landra, o que convén revisar e o ficheiro co formato da AEAT para presentalo na súa sede. Tamén o 130, o 111 e o 115. 
Os libros rexistroOs de IVE e IRPF, no Excel da AEAT, para entregalos se os piden ou levalos á xestoría. Antes de descargalos, Landra di se cadran cos borradores e que convén revisar. 
Factura electrónicaPara a administración, o ficheiro en Facturae cos códigos DIR3 do cliente e os pasos que quedan: asinalo en AutoFirma, subilo a FACe e apuntar o rexistro que dá. 
A ficha dun clienteO facturado, o cobrado e o pendente, as súas facturas por cobrar e as súas próximas citas, nunha soa pantalla. 
InformesA conta de resultados mes a mes, a facturación, os clientes, os gastos, a tesouraría e o modelo 347, exportables. 
Traer os datos doutro programaClientes, facturas e gastos desde un Excel ou un CSV. Landra recoñece as columnas e ensina fila a fila que entra, que xa estaba e que non e por que. Non duplica nada.

No móbilInstálase coma unha app. O tíquet fotografíase no momento e queda unido ao seu gasto. 
Desde calquera pantallaNo centro da barra, o botón Nuevo: unha factura, un orzamento, un gasto, un cliente, unha tarefa ou unha cita. 
A entradaCo correo e o contrasinal ou, no teléfono, con Face ID ou coa pegada.
Como está feito
Contado sobre o seu código
Como está feito
As contas fainas a base de datos
Totais, pendente, saldo, IVE e imposto saen de vistas e funcións da base de datos, non do navegador: o mesmo número en todas as pantallas.
As facturas emitidas non se tocan
Unha factura emitida non se edita nin se borra: anúlase ou rectifícase, e conserva o seu número e a súa serie. O mesmo unha proforma que xa saíu de Landra.
Cada empresa ve só o seu
Seguridade por filas en todas as táboas, documentos nun almacén privado que se abren con ligazóns que caducan e un rexistro das operacións sensibles.
Comprobado co oficial
Os libros rexistro, pasados polo validador da AEAT; os ficheiros de Facturae e os rexistros de VERI*FACTU, polos seus esquemas oficiais; e a pegada de cada rexistro, cos exemplos da propia especificación.
Adaptada a VERI*FACTU
Cada rexistro leva a pegada do anterior; calcúlaa a base de datos na mesma operación que emite ou anula a factura, e o gardado non se pode cambiar despois. Está sen activar: as datas da obriga seguen cambiando.
Probas automáticas
Da lóxica de importes e datas, das regras da base de datos e dos percorridos principais da aplicación.
- migracións da base de datos
- 45
- táboas, todas con seguridade por filas
- 57
- políticas de seguridade
- 148
- vistas da base de datos
- 24
- probas unitarias
- 992
Contado o 5 de outubro de 2026 sobre o código de Landra: ficheiros de migración, táboas e vistas que deixa a base de datos ao aplicalas, políticas de seguridade por filas e probas unitarias escritas.
Contacto
Falar dun proxecto
Interésache Landra?
Se levas unha empresa ou es autónomo e queres probalo, escríbenos. E se o que necesitas é unha ferramenta así feita para o teu negocio, tamén: é o que facemos.